InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Instituto Geográfico Nacional tranquiliza á poboación: "Non hai posibilidade dun gran...

O Instituto Geográfico Nacional tranquiliza á poboación: “Non hai posibilidade dun gran terremoto no sur de Pontevedra”

En toda a Historia de Galicia, o maior sismo documentado foi un producido en Pontevedra no ano 1920, que acadou unha magnitude 7.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ante o aluvión de terremotos que sufriu nas últimas semanas o municipio pontevedrés de Ponte Caldelas, dende XORNAL DE VIGO puxémonos en contacto con Emilio Carreño, o Director da Rede Sísmica Nacional do Instituto Geográfico Nacional.

O experto recoñeceu que en Galicia existiu ao longo dos tempos unha actividade sísmica importante en número, pero ao mesmo tempo aclaraba que en toda a Historia documentada de Galicia non se coñecen rexistros de grandes sismos: “O maior, o de Pontevedra en 1920, de Intensidade 7, que logrou certo dano nas estruturas dalgunhas casas”.

 

A cidade de San Francisco tras un gran terremoto en 1989 / Wikimedia Commons

Polo tanto, tranquiliza á poboación: “Non hai posibilidade dun gran terremoto”. Non se coñece a existencia de fallas activas perigosas, de grandes dimensións. E para que ocorra un terremoto catastrófico, conclúe, “primeiro ten que existir unha falla capaz de producilo. Aínda que na natureza nunca se sabe nada por seguro ao cento por cento, non cabe esperalo en absoluto. Galicia está chea de fallas, todas elas pequenas, que acumulan tensións ao largo dos anos, e poden chegar a dispararse unhas a outras por proximidade”.

Sobre o rexistro dun número tan elevado de sismos en tan poucos días, chegando a ser 30 en só 12 horas na zona de Ponte Caldelas, engade que “a medida que pasan os anos, temos a posibilidade de rexistrar máis e máis pequenos terremotos porque mellorou a instrumentación”. Se non fora por eles, non nos decataríamos de moitos dos que non chegan nin a 3 puntos na escala Richter, e sería como se nunca tiveran existido.

Valparaiso (Chile) esnaquizado en agosto de 1906 / Wikimedia Commons

De tódolos xeitos, moitos destes pequenos sismos en Ponte Caldelas si foron sentidos debido á súa superficialidade, o que non ocorrería se foran orixinados a 15 quilómetros de profundidade.

Tranquilizará aos galegos e galegas saber como resulta común que “ás veces, ao longo do ano, aparezan series, enxames de terremotos sen un principal. Rexistramos estes días uns 40 terremotos nesa zona, pero tamén centos en Jaén. En principio, non resulta preocupante en exceso. En 2001 houbo unha pequena serie en Mondariz tamén. Fai uns anos en Jaén aconteceu unha serie longuísima de sismos deste tipo e non chegamos a coñecer a falla que os producía, posto que non se contaba con datos suficientes. Este tipo de estudos son moi complicados”.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo e sindicatos acordan un ERE voluntario para un máximo de 80 traballadores e un ERTE de ata 75 xornadas

Tras varias xornadas de negociacións, a dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis...

Luisa Sánchez chama á unidade do PP vigués: “Non seremos a alternativa mentres sigamos dubidando de nós mesmos”

AA candidata a liderar o PP vigués Luisa Sánchez prometeu a militantes unha "política...

Un detido e varios médicos investigados por unha trama que traficaba drogas e medicamentos

A Garda Civil detivo na madrugada deste xoves a unha persoa e investiga a...

Deteñen un mozo en Vigo por ir sen casco nun patinete, falando polo móbil e agredir a un axente

Un mozo, S.F.C. de 24 anos de idade, foi detido en Vigo na tarde...