InicioPolíticaCaballero presume de Nadal a catro meses das festas

Caballero presume de Nadal a catro meses das festas

"Estamos a ter unha explosión de turismo en Vigo, batendo todas as marcas imaxinables", proclamou o alcalde. "Isto é el no va más".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de pernoctacións rexistradas en establecementos hoteleiros de Vigo durante o mes de xullo creceu nun 10,26 por cento con respecto ao mesmo mes do ano pasado, alcanzando a cifra de 103.128, en “o mellor mes de xullo desde que existen rexistros no INE“.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen subliñou que, entre xaneiro e xullo deste ano, o número de pernoctacións creceu un 13,27 por cento, en comparación co primeiro semestre de 2018.

“Estamos a ter unha explosión de turismo en Vigo, batendo todas as marcas imaxinables”, proclamou o alcalde, e engadiu que o nivel de ocupación das habitacións en aloxamentos da cidade durante o mes de xullo foi de case o 82 por cento. “Isto é el no va más“, celebrou.

“E preparémonos, porque imos ter o mellor Nadal que poidamos imaxinar“, vaticinou o rexedor, quen esta semana xa confirmou as datas do aceso do Nadal (do 23 de novembro ao 11 de xaneiro) e a colocación dunha “noria xigantesca”.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...