InicioSucesosA Garda Civil investiga a catro veciños de Vigo pola venda ilegal...

A Garda Civil investiga a catro veciños de Vigo pola venda ilegal de especies protexidas

Os vendedores utilizaban identidades falsas para ofrecer a través de Internet a estes animais "sen legalizar, sen coñecer a súa procedencia e sen ningún tipo de control sanitario".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil investiga a 4 veciños de Vigo, acusadas de tráfico de especies protexidas. Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación iniciouse ao detectarse anuncios de venda de especies protexidas en varios portais web. Os vendedores utilizaban identidades falsas para ofrecer a través de Internet a estes animais “sen legalizar, sen coñecer a súa procedencia e sen ningún tipo de control sanitario”.

A Garda Civil conseguiu frustrar varias vendas e recuperar unha guitarra realizada cun caparazón naturalizado de tartaruga moura, dous cabeiros de marfil, un exemplar naturalizado de crocodilo do Nilo, un exemplar naturalizado de tartaruga carey e a serra dun peixe serra.

A venda ilegal deste tipo de fauna atópase regulada pola Convención sobre o Convenio Internacional de Especies Ameazadas de Flora e Fauna Silvestres (CITES), estando prohibida a tenencia por parte de particulares.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...