InicioSucesosTrasladan a Vigo un pesqueiro con 2.500 quilos de cocaína

Trasladan a Vigo un pesqueiro con 2.500 quilos de cocaína

O barco procedía de Sudamérica e foi abordado no Atlántico Norte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia Tributaria incautouse de 2.500 quilos de cocaína procedente de Sudamérica nun pesqueiro abordado no Atlántico Norte que está a ser trasladado ao Porto de Vigo.

Segundo avanzaron fontes próximas á investigación, o pesqueiro que portaba a droga foi interceptado esta semana en alto mar no Atlántico Norte polo buque ‘Fulmar’ de operacións especiais da Axencia Tributaria.

A operación, con varios detidos, foi levada a cabo pola Axencia Tributaria con colaboración internacional e coordinada por un xulgado da Audiencia Nacional.

Ao pesqueiro interceptado en alta mar foi transbordada a droga procedente de Sudamérica. A embarcación está a ser remolcada cara ao Porto de Vigo, onde ten prevista a chegada este luns 3 de xuño.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...