InicioSociedadeEnxalzan o labor turística de Redondela para poñer en valor a cultura...

Enxalzan o labor turística de Redondela para poñer en valor a cultura mariñeira

A Xunta eloxiou o turismo "sustentable e respectuoso co medio" desenvolvido na zona con profesionais do mar e visitas ás lonxas.

PUBLICADO O

A directora de Turismo, Nava Castro, puxo en valor a difusión da cultura mariñeira e pesqueira das Rías Baixas levada a cabo polo sector turístico de Redondela. Durante a apertura do I Xornada Networking Redotour, unha iniciativa formativa celebrada na localidade pontevedresa na que participaron profesionais do sector, Nava Castro eloxiou o turismo “sustentable e respectuoso co medio” desenvolvido na zona con profesionais do mar e visitas ás lonxas.

Ademais, puxo como exemplo algunhas accións levadas cabo neste ámbito por entidades como a Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar). Respecto da xornada de networking, a directora de Turismo asegurou que se trata dunha oportunidade para impulsar a cooperación entre entidades vinculadas ao sector turístico da localidade e para pór en marcha novas iniciativas mediante as oportunidades que ofrece o municipio.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...