InicioVigo e contornaVigoO PSOE denuncia a Cs e En Marea por ir contra a...

O PSOE denuncia a Cs e En Marea por ir contra a ordenanza de colgar carteis electorais no centro de Vigo

Así o confirmou, en declaracións aos medios, o alcalde da cidade e presidente da agrupación socialista olívica, Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE “puxo en coñecemento” da Xunta Electoral de zona a colocación de carteis de Cidadáns nos farois do centro de Vigo, así como propaganda de En Marea, vulnerando a ordenanza municipal sobre publicidade exterior.

Así o confirmou, en declaracións aos medios, o alcalde da cidade e presidente da agrupación socialista olívica, Abel Caballero, quen recalcou que, á marxe desa medida, a Concellaría de Seguridade pode instruír o correspondente expediente sancionador por vulneración da normativa local.

“Cren que en Vigo somos parvos, viñeron correndo a colocar carteis no centro, coma se o reservasen para eles”, ironizou Caballero.

O alcalde engadiu que, á marxe desta anécdota, o que lle realmente preocúpalle, no caso de Ciudadanos, é que é un partido que “se opón a que Vigo teña AVE”, igual que o PP, que “o tivo conxelado durante sete anos e tampouco o quere”.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...