InicioSucesosSegue sen aparecer o home desaparecido en Vigo

Segue sen aparecer o home desaparecido en Vigo

Tamén se busca a unha moza de 24 anos, Judit Jiménez Dapena, que necesita medicación desaparecida por segunda vez en Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional busca aínda a un home de 69 anos, Manuel Sánchez Noriega, que falta do seu domicilio de Vigo desde o mediodía deste sábado, e a unha moza de 24 anos, Judit Jiménez Dapena, que necesita medicación desaparecida por segunda vez en Pontevedra.

No momento da desaparición, o home vestía unha chaqueta gris, unha camiseta branca, un pantalón de pana marrón e zapatos negros. O fillo, segundo explicou na denuncia, saíu do domicilio sobre as 14,00 horas deste sábado para comprar pan e, ao regresar unha hora máis tarde, atopouse coa porta aberta.

Cando entrou na vivenda comprobou que o seu pai xa non estaba e, ao revisar o domicilio, constatou que o seu pai se deixou o móbil e o xogo de chaves da casa, así como toda a documentación.

Pola súa banda, a moza de 24 anos é, segundo informaron a Europa Press fontes policiais, “a segunda vez que marcha”, polo que a Policía Nacional procedeu a contactar con familiares para tratar de localizala.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...