InicioCulturaVíctor Escudero, de Pick-Up: "O vinilo é o rei da tenda de...

Víctor Escudero, de Pick-Up: “O vinilo é o rei da tenda de discos”

Entrevistamos aos responsables das principais tendas de música de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pick-Up discos, tenda da rúa do Progreso, abriu fai un ano. Alí atendeunos Víctor Escudero, quen ten en mente vender tamén merchandising no futuro, pero polo momento ofrece música en formato físico, cedés, vinilos e incluso algúns casetes.

A idea da tenda chegoulle despois de realizar pequenas vendas por Internet. Víctor non é músico, pero si un gran afeccionado que viu algo de saída económica. Conta coa vantaxe da paixón: asegura ter escoitado a maioría das pezas que ten á venda.

Van Morrison / Miguel Núñez

É o seu un establecemento cheo de luz, posto que de forma consciente quería diferenciarse das tendas clásicas, escuras e incluso desordenadas polo común, coa idea en mente dun soto ou un garaxe.

“hai vinilos en internet que valen miles de euros”

Abría preto de outras dúas tendas, Elepé e Honky Tonk, o que recoñece coma unha casualidade, dentro da necesaria localización no centro da cidade: Víctor non cre que a súa proposta puidera ter viabilidade lonxe del.

Ademais, non considera unha dificultade engadida a proximidade coas outras tendas, recordando que nas cidades máis grandes, coma Barcelona, poden atoparse na mesma rúa cantidade de establecementos relacionados coa música, facilitando que os afeccionados poidan recorrelas e levarse os discos máis afíns a seus intereses.

Detalle da tenda / Miguel Núñez

Víctor, xa dende un principio, deu cabida a tódolos estilos posibles sen cerrarse a xéneros concretos, sempre que tiveran compradores potenciais. No caso da música clásica, non dá moito xogo posto que os consumidores, en xeral, non están dispostos a pagar por ela.

Dentro das dificultades de vender música en formato físico, destaca o papel do vinilo, que trae a maior parte dos beneficios: “Está algo máis en alza, aínda que sempre houbo coleccionistas. Pero chegou unha repunta, tanto de novos coma de segunda man. Hai algúns moi cotizados, polos que poden chegarse a pagar en Internet miles de euros. Por exemplo, son ben valorados os dos intérpretes e grupos dos 90, cando o vinilo parecía deixar paso ao CD e polo tanto saíron á venda cantidades baixas”.

Pequenas xoias ocultas / Miguel Núñez

O vinilo, resume Víctor, é imparable se está ben conservado, ten calidade de son, contas cun bo equipo para reproducilo… E tamén habería que ter en conta o soporte, a fotografía de portada, “que é un cadro, é fotografía, pintura ou collage”…

O vinilo é o rei da tenda de discos, recoñece. El que asume que vendería máis se os meus clientes tiveran un mellor soldo, a taxa de paro baixou, pero os salarios tamén. Entón a xente non pode permitirse isto, porque sóbrache algo e é entón cando compras música. O primeiro é o primeiro. Isto é un hobbie, ocio, o primeiro que recortas”.

ÚLTIMAS

Feridas dúas persoas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9, en Redondela

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9,...

O Concello de Vigo aproba a contratación das obras de mellora do ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este venres á contratación...

O PP de Vigo esixe unha comisión de investigación sobre o accidente mortal en Matamá

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo rexistrou unha moción, que se...

Arde por completo unha lancha fronte á illa de Toralla

Unha lancha de recreo ardeu por completo en Vigo, resultando ilesos os seus tripulantes,...