InicioSucesosMobilizados os servizos de emerxencia por unha fuga de gas nunha bombona...

Mobilizados os servizos de emerxencia por unha fuga de gas nunha bombona nunha vivenda en Vigo

Foi rescatada unha anciá con mobilidade reducida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha fuga de gas nunha bombona foi a causa pola que os servizos de emerxencia tiveron que actuar na noite deste luns nunha vivenda na Rúa de Penis na parroquia de Cabral, no municipio de Vigo. Alí tiveron que rescatar a unha anciá con mobilidade reducida.

Segundo informou o 112, pasadas as 23,45 horas deste luns unha persoa chamou ao servizo de emerxencias para indicar que escoitaba un posible escape de gas.

Por iso, os xestores de emerxencias alertaron da situación aos Bombeiros de Vigo, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil. Do mesmo xeito informouse a empresa subministradora de gas.

Unha vez no lugar, o servizo de bombeiros indicaron que se trataba dunha fuga procedente dunha bombona de gas, polo que se procedeu a retirala e ventilar a vivenda. Ademais, solicitaron a intervención dos servizos sanitarios. Xa no punto, e asistida a muller, confirmaron que fora atendida no mesmos lugar e non precisou ser trasladada.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...