InicioEconomíaO PP de Vigo di que o AVE a Ourense non será...

O PP de Vigo di que o AVE a Ourense non será unha realidade antes de 2030

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Vigo, Elena Muñoz, criticou que, pese ao comezo dos trámites para o estudo e seguimento hidroxeolóxico dos túneles do tramo ferroviario de alta velocidade entre Ourense e Vigo, este servizo “chegará en 2030, como pronto”, á localidade. Unhas críticas que fai agora e non cando o Goberno de Rajoy estaba no goberno central.

Por iso, cualificou de “broma de mal gusto” a celebración por parte do alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, da publicación deste proxecto no Boletín Oficial do Estado (BOE). Así, mediante un comunicado, Muñoz insistiu en que esta licitación “só supón o 0,06 por cento do custo” total.

Así mesmo, incidiu en que o anuncio do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) é “a constatación dun fracaso maiúsculo, o dos peores orzamentos do Estado da historia de Vigo” e asegurou que o triunfalismo do rexedor só busca “desviar a atención sobre a multitude de problemas” que presenta a cidade. Neste sentido, lembrou que Caballero “comprometeu a súa candidatura en 2012 á chegada” do tren de alta velocidade ao municipio.

Ademais, reprochoulle ao alcalde as súas críticas á xestión deste proxecto por parte da exministra Ana Pastor –á que Caballero acusou de telo “metido nun caixón”– xa que, en opinión de Muñoz, a extitular de Fomento foi quen “desbloqueou proxectos fundamentais para Vigo”, como o “Eixo Atlántico e a ampliación de Rande”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...