InicioPolíticaMarea de Vigo pide máis peso político para os comerciantes: "Teñen dereito...

Marea de Vigo pide máis peso político para os comerciantes: “Teñen dereito a expresar que a campaña de Nadal foi mala”

O grupo municipal Marea de Vigo reclamou este martes a constitución dunha mesa de comercio local, na que os representantes do sector teñan participación para opinar sobre cuestións como a iluminación do Nadal ou a forma de afrontar outras campañas durante o ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo reclamou este martes a constitución dunha mesa de comercio local, na que os representantes do sector teñan participación para opinar sobre cuestións como a iluminación do Nadal ou a forma de afrontar outras campañas durante o ano.

Así o trasladou en rolda de prensa o portavoz do grupo, Rubén Pérez, quen puxo en dúbida as cifras feitas públicas polo goberno local sobre o impacto das luces de Nadal en comercio e hostalería.

“Poden dicir 2 millóns de visitantes como poden dicir 25, isto é como quen bota unha Primitiva”, ironizou, e apostou por esperar a coñecer os “datos reais” desa actividade económica, a través das enquisas e informes do INE sobre consumo ou liquidación do IVE dos negocios.

En todo caso, Rubén Pérez afirmou que o comercio local de Vigo está “preocupado” polo “agravio comparativo” que supuxo concentrar toda a actividade da campaña do Nadal no centro da cidade, e afeou a quen pretenden “suplantar” e “tensionar” aos comerciantes “por intereses particulares”.

En concreto, referiuse a asociacións como Zona Náutico, que “non ten comerciantes” e, xa que logo, non pode pretender representalos, e advertiu de que a actuación desta entidade xera a “desmovilización” do comercio.

“Os hostaleiros teñen os seus intereses, pero non sempre son coincidentes co comercio local. Os comerciantes teñen dereito a expresar que a campaña de Nadal foi mala, porque eles sufriron os colapsos de tráfico, o baleirado dos barrios porque todo concentrouse no centro”, apostilou.

Por iso, reclamou a creación dunha mesa de comercio local, e lamentou que o goberno local lles prometera” aos comerciantes que se contaría coa súa opinión. “Pero non se fixo. No seu lugar pídeselles que vaian a unha homenaxe para santificar unha gran mentira”, engadiu, en alusión a un acto organizado por algunhas asociacións (do centro e do barrio do Calvario) para recoñecer ao alcalde e ao concelleiro de Comercio pola campaña do Nadal.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...