InicioSociedadeElena Muñoz a Caballero: "Está extremadamente nervioso pola Comisión do Marisquiño"

Elena Muñoz a Caballero: “Está extremadamente nervioso pola Comisión do Marisquiño”

Critica que o rexedor use como "escusa" un informe do secretario para non achegar documentación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo criticou este mércores que o goberno local, con Abel Caballero á cabeza, se escude nnun informe do secretario para non achegar a documentación que lle require a comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño, e recordou que “non é o mesmo non ter obrigación de dar esa información, que non poder dala”.

Así o manifestou en rolda de prensa a portavoz do grupo, Elena Muñoz, quen constatou que o rexedor olívico está “extremadamente nervioso” coa comisión creada no Parlamento, á que quere pór “todas as pedras posibles” para que “non se investigue que pasou” nesa noite de agosto pasado, cando parte dun “paseo” veu abaixo durante un concerto e causou máis de 460 feridos.

Nese sentido, denunciou que “o único que autorizou” a celebración dese evento nese lugar, é o mesmo que agora “pon todo do seu parte para que non se saiba a verdade”.

Con respecto á negativa do Concello de facilitar a documentación requirida pola comisión, amparándose nun informe do secretario municipal que sostén que ese órgano non ten potestade para fiscalizar a actuación da administración local, Elena Muñoz criticou que se encargue “un informe a medida” para usalo como “escusa”. “O que di é que non ten obrigación de dar a documentación, outra cousa é que non se poida dar”, sentenciou.

“Seica ten que ser obrigatorio? O normal é que se faga voluntariamente e que se dean facilidades”, apuntou a edila ‘popular’, quen confirmou que ela mesma comparecerá na comisión a próxima semana e porá “a disposición de todos os deputados do Parlamento de Galicia” os documentos que ten ao seu grupo municipal.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin da “batalla de egos” entre Xunta e Concello que bloquea a recuperación da ETEA

O BNG de Vigo volveu instar este mércores á Xunta de Galicia e ao...

O PP de Vigo denuncia un pago de 1,1 millóns a DomusVi polo servizo de Axuda no Fogar “sen contrato”

O PP de Vigo denunciou que o Concello terá que pagar 1,1 millóns de...

Caballero crítico co borrador da lei de administración local: “Home, o primeiro é o alcalde de Vigo’

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta que non se lle solicitase...

A Universidade de Vigo impulsa a dixitalización da acuicultura atlántica

Investigadores do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo participan no proxecto...