InicioPolíticaBNG de Vigo pide revisar o programa municipal de adquisición de vivendas,...

BNG de Vigo pide revisar o programa municipal de adquisición de vivendas, que só serviu para comprar dous inmobles

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG pediu este martes ao goberno municipal de Vigo que reformule o seu programa de adquisición de vivenda, tras constatar o seu “fracaso”, con só dous inmobles adquiridos. Así, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, sinalou que este programa é “un fracaso absoluto nunha cidade con máis de 22.000 vivendas baleiras”, e cando os principais portais inmobiliarios ofrece máis de 200 vivendas por baixo delos 180.000 euros fixados como tope nese programa.

O problema, incidiu, é que os pregos son “hiperburocráticos” e con “condicións imposibles para realidade do mercado da vivenda en Vigo”. “A este ritmo, tardaríanse máis de 12 anos en recuperar apenas as 40 vivendas do Concello que Abel Caballero decidiu malvender no ano 2015 en Rosalía de Castro en lugar de destinalas a aluguer social”, subliñou.

Tras lembrar que a situación do aluguer de vivenda é “insustentable” na cidade, con prezos que superan a media de 700 euros mensuais, e que hai máis de 10.000 familias inscritas no rexistro de demandantes, o BNG lamentou que a concelleira de Urbanismo “négase a cambiar as bases, insistindo nun modelo errado que se suma ao ‘bluf’ de Vigo Aluga, que só recibiu 9 solicitudes”. Pérez Igrexas denunciou que o goberno de Abel Caballero leva “case 20 anos de brazos caídos ante a emerxencia habitacional” de Vigo, “e agora pretende substituír a inacción por propaganda sen resultados”.

“Desde o BNG o que esiximos son políticas reais e medidas efectivas, porque con propaganda e con anuncios non se pode garantir o primeiro dereito da cidadanía que é o de poder habitar a súa propia cidade”, resolveu.

ÚLTIMAS

A irmá de Humberto Baena pide a Caballero unha homenaxe oficial en Vigo

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados pola ditadura...

A Xustiza dá a razón aos feirantes do Porriño e anula parte das bases das festas do Cristo: outro ano sen atraccións

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra estimou parcialmente un recurso interposto pola...

Prisión para un home que ameazou cunha arma a unha muller e aos seus fillos na área de Vigo

A Garda Civil detivo na área de Vigo un home de 43 anos por...

Tres feridos leves nun accidente na Gran Vía de Vigo que terminou cun coche envorcado

Tres persoas sufriron feridas leves na noite deste domingo despois dun accidente entre dous...