InicioSociedadeO concello prevé iniciar as ramplas de Gran Vía a principios de...

O concello prevé iniciar as ramplas de Gran Vía a principios de 2027

As novas ramplas instalaranse na parte central do bulevar e o proxecto contempla manter o arboledo existente e ampliar a zona verde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo prevé que as obras para instalar as ramplas na Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, poidan comezar a principios do ano que vén, xa que se están ultimando os trámites para licitar os traballos en setembro. Así o trasladou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións difundidas aos medios, nas que explicou que esa actuación ten un orzamento previsto de algo máis de 9 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.

As novas ramplas instalaranse na parte central do bulevar e o proxecto contempla manter o arboledo existente e ampliar a zona verde. As estruturas estarán cubertas e abertas lateralmente, e o proxecto forma parte do plan de actuación de Vigo Vertical para o eixo Gran Vía-As Travesas-Castrelos, que recibiu 8,73 millóns de euros de fondos FEDER. Segundo o alcalde, a continuación tramitarase a instalación de ramplas no tramo de Gran Vía entre as rúas Tarragona e Baleares, cun investimento estimado duns 8 millóns de euros.

“Calquera persoa poderá coller as ramplas na Gran Vía, desde Praza de América e subir ata a Praza de España”, apuntou Caballero, que puxo en valor esta nova “transformación” da mobilidade na cidade. Estas actuacións sumaranse ás ramplas xa instaladas noutro tramo de Gran Vía, entre a Praza de España e Urzáiz, que actualmente “rexistran máis de 2,5 millóns de usos ao ano”. Abel Caballero fixo fincapé no apoio da UE a través dos Fondos FEDER para as ramplas, mentres que a Xunta e a Deputación achegan “cero patatero” para estas infraestruturas, polo que “se están rindo continuamente” de Vigo.

“SÓ TEN QUE PEDILO”

En resposta, a vicepresidenta provincial lembrou ao rexedor que en 2027 contará con 5 millóns de investimento da Deputación e que está na súa man destinalos a esa actuación se así o decide. “Só ten que pedilo (…), en lugar diso, optou por queixarse”, lamentou Luisa Sánchez.

De feito, lembrou que a institución provincial xa cofinanciou outras obras de mellora da mobilidade urbana, como as ramplas de Pintor Colmeiro ou o ascensor de Juan Ramón Jiménez; e lembrou que o Concello ten pendente de validar os convenios para as reformas de Rosalía de Castro e Doutor Carracido. “É estraño que o alcalde pida máis diñeiro á Deputación cando non gasta o que xa ten dispoñible”, concluíu.

ÚLTIMAS

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...

“12 non son 13”: a comunidade educativa do EEI Vila Laura de Vigo ponlle un 0 á Xunta por deixar sen cubrir unha praza...

A comunidade educativa da EEI Vila Laura de Vigo volveu mobilizarse este venres, e...