InicioSociedadePechadas ao baño a praia da Punta e a zona central de...

Pechadas ao baño a praia da Punta e a zona central de Samil por contaminación

Dáse a circunstancia de que este verán os areais de Vigo e a súa área sufriron varios episodios de contaminación e tiveron que ser pechados ao baño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo fixo público un aviso este martes para informar de que non está recomendado o baño na praia da Punta, no barrio de Teis, nin tampouco na zona central da praia de Samil, tras detectarse “contaminación microbiológica”. Así, o goberno local fixo público un conciso comunicado no que informa de que, “neste momento”, non é recomendable bañarse nesas zonas por detectarse ese episodio de contaminación, “producida polas intensas choivas sufridas”.

Dáse a circunstancia de que este verán os areais de Vigo e a súa área sufriron varios episodios de contaminación e tiveron que ser pechados ao baño. No caso da cidade olívica, a praia da Punta, mantivo a recomendación de non bañarse durante unha semana, a mediados de agosto; e tamén houbo peches nos areais de Alcabre e A Fontaíña, e en Rodas e Figueras, nas Illas Cíes.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...