InicioSociedadeCaballero reclámalle por carta a Rueda que afronte "dunha vez" o problema...

Caballero reclámalle por carta a Rueda que afronte “dunha vez” o problema da auga

Volve pedir o cesamento da conselleira de Medio Ambiente e que Rueda "pida perdón" por "desatender" este servizo esencial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “para que dunha vez por todas asuma e afronte os graves problemas de abastecemento de auga potable que ten toda a gran área metropolitana de Vigo”. Segundo sinalou o rexedor en declaracións remitidas aos medios, “a Xunta volve dar mostras dunha incapacidade absoluta para resolver a cuestión da auga no ámbito de Vigo”, e insistiu en que “a solución” pasa por “porse xa mesmo a estudar” a construción dun segundo encoro augas arriba da presa de Eiras, no río Oitavén.

Para Caballero, “volve ser Vigo quen ten que facerse cargo de todos os problemas que xorden”, en alusión á petición do Concello de Baiona para conectarse á rede de subministración procedente do encoro vigués Zamáns, mentres “a Xunta non fai nada”. Así mesmo, lembrou que o sistema de Vigo tamén atende a Redondela, Mos, Cangas, Moaña e outros municipios.

Precisamente, con respecto á auga que se conduce ata Moaña (e desde alí a Cangas), o alcalde asegurou que tivo que ser Vigo quen resolveu o problema dunha fuga “hai meses” na tubaxe submarina. Igualmente, explicou que hai “un problema de filtración” na condución desde a presa de Eiras a Redondela e será Vigo quen se faga cargo. En ambos os casos, incidiu, trátase de instalacións supramunicipais e deben ser atendidas pola Xunta, que xestiona a presa de Eiras. Por iso, cuestionou “a que se dedica” a administración autonómica, se Vigo “resolve” os problemas de abastecemento de Baiona, ou os problemas de condución de Moaña e Redondela.

“Nin afronta o problema no longo prazo, que é a construción dunha presa augas arriba, nin atende ás dificultades que van xurdindo no día a día das conducións e do abastecemento de auga potable. E sempre ten que ser Vigo, que non temos competencias”, sinalou. Caballero matizou que a cidade seguirá prestando apoio a estes municipios, pero esixiu a Rueda que “cese inmediatamente” á conselleira de Medio Ambiente, e que el mesmo dea explicacións e “pida perdón” a Vigo pola “desatención en algo tan importante como o abastecemento de auga potable”.

ÚLTIMAS

A irmá de Humberto Baena pide a Caballero unha homenaxe oficial en Vigo

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados pola ditadura...

A Xustiza dá a razón aos feirantes do Porriño e anula parte das bases das festas do Cristo: outro ano sen atraccións

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra estimou parcialmente un recurso interposto pola...

Prisión para un home que ameazou cunha arma a unha muller e aos seus fillos na área de Vigo

A Garda Civil detivo na área de Vigo un home de 43 anos por...

Tres feridos leves nun accidente na Gran Vía de Vigo que terminou cun coche envorcado

Tres persoas sufriron feridas leves na noite deste domingo despois dun accidente entre dous...