InicioSociedadeMarea de Vigo cualifica de "falsos e interesados" os datos sobre o...

Marea de Vigo cualifica de “falsos e interesados” os datos sobre o retorno económico das luces de Nadal

Asegura que non se favoreceu a boa parte do comercio local e criticou que as luces no centro foron para que "pasee compulsivamente un alcalde que non soluciona os problemas derivados da súa xestión".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo cuestionou este luns o retorno económico da iluminación do Nadal e os datos de ocupación hostaleira dos que presumen o sector e o goberno local, á vez que denunciou o “brutal agravio” aos comercios que non están “entre Príncipe e Porta do Sol”.

O concelleiro de Marea, Xosé Lois Jácome, a través dun comunicado remitido aos medios, asegurou que o seu grupo xa dispón de datos que “mostran unha ocupación hostaleira discreta”, fronte aos “datos falsos e interesados emitidos pola Federación Provincial de Hostaleiros“, e que evidencian a “consolidación do modelo de contratación precaria na hostalería, con contratos asinados e finiquitados o mesmo día”.

Jácome apuntou que, para coñecer a incidencia real da iluminación e a programación do Nadal no consumo, “é necesario sacar os datos reais do INE, da enquisa de consumo das familias e da contratación nos sectores do comercio e a hostalería” para logo “analizalos en clave de cidade, e non dunha parte polo todo, dunha zona moi concreta, que é o centro”.

A este respecto, o edil de Marea criticou que se destinou “unha cantidade inxente de recursos públicos” para crear un “deambulatorio iluminado” (en alusión á zona centro) para que “pasee compulsivamente un alcalde que, no canto de solucionar os problemas derivados da súa xestión, fai do presentismo paseante un modo traballo cando menos pouco produtivo”.

Xosé Lois Jácome incidiu, ademais, en que a concentración da promoción de turismo e comercio no centro, desembocou nun “efecto chamada” para os visitantes, que baleirou” outras rúas e zonas “moi sensibles” aos ingresos por vendas do comercio local, como Travesas, Gran Vía, O Calvario ou Torrecedeira, ademais dos barrios do rural.

Marea de Vigo pediu aos cidadáns que aproveiten as rebaixas de xaneiro para comprar no comercio de proximidade nos barrios, que “é o que xera emprego, fixa poboación e comporta vida nas rúas”

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...