InicioSociedadeO PP censura que Vigo non asinase o convenio para a xestión...

O PP censura que Vigo non asinase o convenio para a xestión de franxas secundarias

O Concello suma máis de 600 queixas cidadás pola proliferación de maleza, especialmente na área rural.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo volveu a criticar este mércores que a cidade olívica sexa a única que non querido asinar coa Xunta o convenio para a xestión das franxas secundarias e denunciou que, desde o pasado 1 de xullo, o Concello suma máis de 600 queixas cidadás pola proliferación de maleza, especialmente na área rural.

“O rural é unha zona que está completamente abandonada á súa sorte e que se atopa en maior risco ante a ameaza dos lumes forestais”, subliñou o concelleiro ‘popular’ Miguel Martín, que lembrado a negativa do goberno local a sumarse ao convenio coa Xunta, cun alcalde “que prefire ignorar a grave ameaza dos incendios forestais e négase a sumarse a un modelo que subscribiron a práctica totalidade dos concellos galegos”. Miguel Martín subliñou que o goberno galego duplicou os fondos para a xestión destas franxas e que o acordo permite aos concellos ter máis medios e capacidade.

“O señor Caballero di que o Concello rozou centos de parcelas, pero o certo é que hai apenas unha semana que se contratou a unha empresa para a limpeza de leiras insalubres de forma subsidiaria. Un contrato menor que se formalizou o 7 de agosto por pouco máis de 18.000 euros, así que poucas leiras poderanse rozar con esa cantidade. É así como trabállase para protexer á cidade do risco que supoñen os incendios?”, remarcou o edil.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...