InicioSociedadeAbel Caballero acusa á Xunta de "castigar a Vigo" polo peche de...

Abel Caballero acusa á Xunta de “castigar a Vigo” polo peche de 180 camas no Álvaro Cunqueiro no verán

O alcalde critica a falta de substitucións de vacacións en Atención Primaria e a saturación do PAC olívico

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este mércores contra a Xunta polo peche de camas no hospital Álvaro Cunqueiro durante o período estival, así como polo peche de consultas de tarde nalgúns centros de saúde onde non se prevé substituír as vacacións dos facultativos. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico denunciou que o hospital contará con 180 camas menos no verán, 30 delas de pediatría, e que os centros de saúde de Lavadores, Navia ou Beiramar terán menos consultas de tarde.

A isto súmase, segundo o alcalde, que o PAC de Vigo “está saturado”. Tras o chamamento do conselleiro de Sanidade a facer un uso responsable das Urxencias, o rexedor cuestionou a onde vai ir a xente se ten un problema coas consultas de Atención Primaria pechadas e o punto de atención continuada colapsado.

Abel Caballero concluíu que esta situación é outra mostra máis de que a Administración autonómica “segue castigando a Vigo” cunha atención sanitaria “tan deficiente”.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...