InicioSucesosOs drons da Policía Local de Vigo cazan a un furtivo reincidente...

Os drons da Policía Local de Vigo cazan a un furtivo reincidente con tres quilos de ameixas en Teis

O home foi interceptado na praia de Ríos de Fóra, un areal onde a extracción de marisco está suspendida debido á presenza de toxina.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo identificou e denunciou a un veciño da cidade de 56 anos de idade, C.F.M., por extraer ilegalmente marisco nunha praia da parroquia de Teis onde, ademais, a actividade está suspendida pola presenza de toxina. Os feitos ocorreron na mañá do pasado 16 de maio, cando a Unidade Fénix do 092 estaba a realizar un novo operativo de vixilancia e loita contra o furtivismo.

Os drons da Policía Local sorprenderon a este home, que xa fora denunciado anteriormente por furtivismo, extraendo bivalbos na praia de Ríos de Fóra. O home sacaba o marisco e trasladábao a unha zona de pedras e algas para ocultalo. Os axentes interceptárono e denunciaron, e darán conta do sucedido á Consellaría do Mar para a tramitación da sanción correspondente.

Con respecto ao marisco intervido, eran uns 3 quilos de ameixas, que foron devoltas ao seu hábitat en colaboración con responsables da Confraría de Pescadores de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...