InicioEconomíaO PP de Vigo esixe ao Clúster de Turismo que rectifique a...

O PP de Vigo esixe ao Clúster de Turismo que rectifique a súa proposta para Peinador

A presidenta do PP de Vigo rexeita limitar o aeroporto a voos de negocio e pide á Xunta que manteña a súa oposición a esta tese.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, pediu ao Clúster de Turismo de Galicia que “dea marcha atrás” e “rectifique” a súa proposta de limitar o aeroporto de Peinador a voos de negocio. Nun audio enviado aos medios de comunicación, Sánchez reiterou o seu rexeitamento a esta formulación e reclamou ao Clúster que dea un paso atrás ao considerar que esta idea, a pesar de non ser vinculante, resulta “do todo improcedente”.

Para a dirixente popular, os datos reflicten que o aeroporto de Vigo ten un “gran potencial” e capacidade para superar os 2 millóns de pasaxeiros. Atribúe este crecemento ao tirón que ten a cidade por motivos empresariais, pero tamén por razóns de lecer. Ademais, pediu á Xunta que remarque a súa posición contraria á tese do Clúster e apuntou que o obxectivo das reunións para relanzar as terminais galegas ante o descenso de pasaxeiros debe ser a planificación e o rigor.

Sánchez tamén criticou a xestión municipal dos últimos anos ao sinalar que en Vigo só se asistiu a un malgasto de máis de 10 millóns de euros en subvencionar rutas aéreas que nunca se consolidaron. A presidenta do PP local sentenciou que, a pesar de que os feitos falan por si sós, Abel Caballero segue empeñado en reincidir no erro porque non cre no potencial da cidade para captar conexións a mercado.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...