InicioSociedadeSergas e sindicatos acordan o traslado progresivo de persoal ao novo CIS...

Sergas e sindicatos acordan o traslado progresivo de persoal ao novo CIS Olimpia Valencia de Vigo

A reorganización dos centros de saúde basearase na voluntariedade e na aplicación de quendas 'deslizantes' para o novo servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia da área sanitaria de Vigo e a Comisión de Centro de Atención Primaria subscribiron un acordo para reorganizar o traslado dos profesionais de varios centros de saúde ao novo CIS Olimpia Valencia, que abriu as súas portas o pasado 9 de marzo. Segundo informaron fontes do Sergas, este pacto “define unha reordenación detallada dos recursos humanos a través dun proceso que será progresivo e fundamentado na voluntariedade“.

O acordo establece que, no caso de que haxa máis peticións de traslado que prazas, “aplicaranse criterios obxectivos e previamente definidos, baseados na antigüidade e na situación administrativa de cada solicitante”. Se, pola contra, non houbese voluntarios suficientes, o documento fixa os criterios de reordenación para a cobertura das vacantes. No novo centro, con carácter xeral, implantarase a quenda ‘deslizante’ (mañá e tarde), aínda que se respectarán as quendas das actuais prazas dos profesionais de López Moura e as de pediatría.

Así mesmo, contémplase a creación dunha comisión de seguimento paritaria para supervisar todo o proceso, resolver dúbidas, analizar reclamacións e garantir o cumprimento dos criterios fixados. O proceso levarase a cabo en varias fases: a primeira etapa xa se iniciou co traslado de López Moura e continuará co persoal do centro de saúde Nicolás Pena. Posteriormente incorporaranse as prazas de pediatría de Pintor Colmeiro e Coia e, finalmente, o resto de consultas de atención adulta de Coia, Pintor Colmeiro, rúa Cuba e Beiramar.

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...