InicioSociedadeAbel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde destaca o "crecemento continuo" do impacto da cidade en Fitur baixo o lema 'Un Nadal de 365 días', que superou os rexistros de anos anteriores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña turística presentada pola cidade en Fitur. Baixo o lema ‘Un Nadal de 365 días’, a proposta viguesa superou os 1,6 millóns de visualizacións en redes sociais, unha cifra que o rexedor trasladou hoxe a través de declaracións remitidas aos medios de comunicación.

Caballero detallou que a campaña, que incluíu a divulgación dun vídeo oficial e diversas accións dixitais, acadou un total de 1.674.000 visualizacións sumando os diferentes perfís institucionais e persoais do alcalde. Por plataformas, as cifras foron as seguintes: Instagram liderou o impacto con 662.000 visualizacións, seguida de TikTok con 473.000, Facebook con 329.000 e YouTube con 210.000.

O rexedor vigués subliñou o “crecemento continuo” da presenza da cidade no ámbito turístico dixital. Segundo lembrou, o impacto en 2024 fora de medio millón de visualizacións e en 2025 de millón e medio, polo que as cifras de 2026 confirman unha tendencia á alza. Para Caballero, estes datos demostran que Vigo, como atractivo turístico, non só mantén toda a súa forza, senón que “a incrementa ano a ano”.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...