InicioSociedadeReactivado o transporte de ría en Vigo tras a suspensión das últimas...

Reactivado o transporte de ría en Vigo tras a suspensión das últimas horas polo mal tempo

PUBLICADO O

- Advertisement -

As navieras que operan as conexións de transporte de ría en Vigo renovaron este xoves as viaxes entre a cidade olívica e os portos de Cangas e Moaña, tras a cancelación das últimas horas debido ao mal tempo.

Así, as malas condicións meteorolóxicas obrigaron a suspender as viaxes en barco desde as 14.30 horas deste mércores, tanto na liña Vigo-Cangas como na liña Vigo-Moaña. Este xoves, desde as 9.00 horas, quedou restablecido o servizo a Moaña, mentres que, desde as 7.00 horas están a operar os barcos que conectan Vigo con Cangas, con viaxes cada media hora.

Con todo, é previsible que volva haber alteracións nas próximas horas, xa que se prevé un aumento de choivas, vento e ondada a partir do mediodía e, principalmente, este venres, cando hai aviso vermello por temporal costeiro en todo o litoral de Galicia, incluídas as Rías Baixas.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...