InicioEconomíaCC.OO. denuncia a "grave deterioración" do servizo de Correos en Vigo

CC.OO. denuncia a “grave deterioración” do servizo de Correos en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CC.OO.) denunciou a “grave deterioración” do servizo de Correos en Vigo “provocado por unha xestión que prioriza criterios comerciais fronte á calidade”, lamentando ao peche da sucursal do porto o pasado mes de xuño. Tal como subliñou o sindicado nun comunicado, a “drástica” redución de persoal en portelo, o peche de oficinas e a falta de contratación “están a xerar un profundo malestar entre a cidadanía”.

Segundo os datos solicitados por CC.OO., nos últimos anos produciuse unha “diminución sen precedentes” nos postos de atención ao público en todas as oficinas de Correos da cidade. “En numerosas ocasións, as xubilacións ou traslados do persoal non se cubriron, ou se substituíron por contratos de media xornada, insuficientes para garantir unha atención adecuada”, criticou o sindicado.

Un dos feitos máis graves foi o peche da sucursal situada no porto de Vigo, o pasado 6 de xuño. Esta clausura obrigou a numerosas empresas e usuarios a trasladarse a outras oficinas, ademais de ter que cancelar os seus apartados de correos, co consecuente prexuízo para a súa actividade diaria”, engadiron desde a organización.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...