InicioEconomíaA exención do recibo da auga aos empregados de Aqualia en Vigo...

A exención do recibo da auga aos empregados de Aqualia en Vigo era “ilícita” e deben pagar, sinala o TSXG

Na sentenza do TSXG, de xullo pasado, recóllese que o comité de empresa da concesionaria interpuxo unha demanda porque Aqualia comezou a cobrar o recibo da auga aos seus empregados en febreiro de 2022

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de suplicación interposto polo comité da concesionaria da auga en Vigo, Aqualia, contra unha sentenza que declaraba ilegal a exención do recibo da auga para estes traballadores, e confirma que, como usuarios deste servizo, deben pagar o recibo como o resto de cidadáns, e iso a pesar de que non o estiveron pagando durante case 50 anos.

Na sentenza do TSXG, de xullo pasado, recóllese que o comité de empresa da concesionaria interpuxo unha demanda porque Aqualia comezou a cobrar o recibo da auga aos seus empregados en febreiro de 2022. Eses empregados (os traballadores fixos con residencia en Vigo) gozaran da exención do pago desde facía case 50 anos, cando aínda esta empresa non xestionaba o servizo.

Esta exención estableceuse en base á Ordenanza de Traballo para as Industrias de Captación, Elevación, Condución, Tratamento, Depuración e Distribución de Auga, do ano 1972; pero esa ordenanza foi derrogada en 1998. A concesionaria do auga mantivo a exención durante os seguintes anos, pero o xulgado rexeitou que esa situación puidese considerarse unha “condición máis beneficiosa” para os traballadores, xa que non se recolleu nos convenios nacionais do ciclo integral da auga.

Por tanto, o xulgado do Social que recibiu a demanda en primeira instancia rexeitou o recurso, e declarou que esa exención era ilícita, posto que a normativa describe como suxeitos pasivos do servizo (as persoas que deben pagar por el) a todos os usuarios do mesmo, e iso inclúe aos traballadores de Aqualia.

Na súa resolución, o TSXG fai seus os argumentos do xulgado do Social, e confirma esa primeira sentenza, desestimando o recurso de suplicación interposto polo comité. Contra a sentenza do TSXG cabe recurso de casación para a Unificación de Doutrina.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...