InicioVigo e contornaVigoCancelan un voo Vigo-Barcelona obrigando a recolocar os 170 pasaxeiros

Cancelan un voo Vigo-Barcelona obrigando a recolocar os 170 pasaxeiros

A compañía Vueling admitiu que este tipo de situacións poden producirse, dependendo do funcionamento de cada aeroporto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O voo Vigo-Barcelona operado por Vueling que tiña previsto saír á primeira hora da tarde deste mércores do aeroporto de Peinador tivo que ser suspendido “por razóns técnicas”, segundo informaron fontes da aerolínea, que confirmaron que os pasaxeiros afectados, uns 170, xa empezaron a ser recolocados.

De feito, a compañía explicou que, tras confirmarse que o avión non podería voar puxeron en marcha o protocolo para “buscar a mellor alternativa” para os viaxeiros. Así, as mesmas fontes explicaron que unha parte da pasaxe xa chegou ao seu destino na mañá deste xoves, tras ser recolocados en voos que partiron de Santiago e A Coruña.

Nestes casos, explicou Vueling, ofrecéuselles facerse cargo de aloxamentos e traslados. Ademais, outra parte dos viaxeiros sairá cara a Barcelona “entre este venres e o sábado” desde as terminais de Santiago e de Vigo. As persoas que rexeitaron eses reacomodos poden reclamar o reembolso económico correspondente.

Sobre as queixas dos pasaxeiros afectados pola demora en ofrecer datos e a falta de información, a compañía sinalou que non lle constan eses problemas, pero admitiu que este tipo de situacións poden producirse, dependendo do funcionamento de cada aeroporto.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia que o ximnasio de O Berbés carece de seguro de accidentes

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu explicacións ao goberno local...

Galicia Fest prepara un cartel de luxo para este venres e sábado

O Galicia Fest ultima os preparativos para a súa celebración, este venres e este...

Vigo únese ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud

A cidade de Vigo sumarase este sábado ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global...

Vigo rende homenaxe aos alcaldes fusilados polo franquismo hai 89 anos

A Corporación viguesa, encabezada polo alcalde Abel Caballero, xunto a sindicatos, asociacións e outros...