InicioCulturaGalicia Fest prepara un cartel de luxo para este venres e sábado

Galicia Fest prepara un cartel de luxo para este venres e sábado

Mikel Izal, Dani Fernández, Dorian, Beret ou Leire Martínez lideran a quincena de artistas que subirán ao escenario nas proximidades da Estación Marítima.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Galicia Fest ultima os preparativos para a súa celebración, este venres e este sábado nas proximidades da Estación Marítima de Vigo, e para acoller no seu escenario a unha quincena de artistas e grupos, entre os que están Mikel Izal, Dani Fernández, Dorian, Leire Martínez ou Beret.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou este mércores a montaxe do escenario e os traballos de preparación, xunto coa delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez.

Merelles destacou que este evento, para o que se esgotaron practicamente todas as entradas e que se enmarca nos Concertos do Xacobeo, permite a Vigo sumar un “novo e singular” festival no seu calendario de verán, cunha “aposta pola calidade musical e o atractivo turístico”.

“Galicia Fest non só busca ofrecer concertos, senón crear un espazo de encontro, goce e descubrimento no corazón de Vigo, cun cartel atractivo para as audiencias máis actuais”, explicou o director de Turismo de Galicia.

Mentres, Ana Ortiz subliñou o “absoluto compromiso” da Xunta coa oferta cultural e musical na cidade olívica, e lembrou outras citas, como o concerto de Anastacia ou o Festival Musicav de Jazz. A eles súmanse a actuación de Iván Ferreiro, o One Dance Festival celebrado no Ifevi ou o Vigo Portei.

Pola súa banda, a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, destacou que “este é un festival que facía falta, que Vigo pedía e necesitaba”, e agradeceu o “empeño” da Xunta para que poida ser realidade.

Así, este venres subiranse ao escenario do Galicia Fest Mikel Izal, Dani Fernández, Dorian, A Habitación Vermella, Samuraï, Sexy Zebras e Éxtase. O sábado será a quenda de Beret, Leire Martínez, Fredi Leis, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Moan e Paula Koops.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...