InicioSociedadeVigo únese ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud

Vigo únese ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud

A cidade celebra unha marcha e unha regata este sábado para reclamar a apertura dun corredor humanitario en Gaza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo sumarase este sábado ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud, que pretende romper o bloqueo en Gaza e levar axuda humanitaria á poboación palestina, vítima do xenocidio perpetrado por Israel.

A Plataforma Cívica Prol-Palestina da cidade olívica, integrada por asociacións, partidos políticos, sindicatos e outros colectivos, impulsa deste xeito unha marcha de apoio que terá lugar na tarde do sábado, na praia da Fonte, en Samil, ás 17.00 horas. Igualmente, está prevista unha regata pola mañá (ás 11.00 horas) para trasladar así o apoio á Flotilla por terra e por mar.

Estas accións forman parte dunha mobilización internacional convocada por Movemento Global para Gaza, co fin de romper o bloqueo e visibilizar o xenocidio. Así, a Flotilla reúne delegacións de 44 países e persegue a apertura dun corredor humanitario ante a “inacción cómplice” de gobernos e institucións internacionais.

Desde a Plataforma fíxose un chamamento a toda a cidadanía para que participe nos actos deste sábado, e subliñou que “a unidade na loita solidaria e a acción descentralizada nos territorios son ferramentas imprescindibles fronte á barbarie colonial sionista”. “Porque non hai paz sen xustiza, porque o silencio mata, porque Palestina vive nas nosas loitas. Desde Vigo ata Gaza, sumámonos á flotilla da dignidade”, proclamaron.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...