InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo esixe o mantemento das bonificacións de tren e...

O BNG de Vigo esixe o mantemento das bonificacións de tren e bus urbano

"Non é aceptable que se eliminen estas bonificacións sen ofrecer alternativas que aseguren unha mobilidade xusta e sustentable", remarcou o portavoz local do Bloque, Xabier Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que reclame ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable o mantemento das bonificacións e viaxes gratuítas nos servizos ferroviarios de media distancia, así como os descontos no transporte urbano por autobús. Nun comunicado, os nacionalistas reivindicaron que manter os abonos gratuítos de tren é unha “necesidade básica e esencial” para os vigueses para garantir un transporte público “accesible”.

“Non é aceptable que se eliminen estas bonificacións sen ofrecer alternativas que aseguren unha mobilidade xusta e sustentable”, remarcou o portavoz local do Bloque, Xabier Pérez Igrexas. “Nun momento no que se están destinando miles de millóns de euros a máis gasto militar e armamentístico, non podemos aceptar que se retiren as bonificacións ao transporte. Menos tanques para alimentar a industria da guerra e máis buses e trens para todos“, engadiu. Todo iso despois de coñecerse este venres que Renfe lanzará o luns os novos abonos mensuais de proximidade e descontos en Media Distancia, eliminando os abonos gratuítos.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...