InicioSucesosDous menores inctercemptados en Cangas facendo apostas deportivas e outro con estupefacientes

Dous menores inctercemptados en Cangas facendo apostas deportivas e outro con estupefacientes

Todo iso ocorreu no medio de senllos dispositivos relacionados coa Seguridade Cidadá e Fiscal

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou o pasado venres, día 11 de abril, en dous bares de Cangas a un menor facendo apostas deportivas e a outro con estupefacientes.

Todo iso ocorreu no medio de senllos dispositivos relacionados coa Seguridade Cidadá e Fiscal. Nun dos establecementos localizouse a un menor facendo apostas deportivas na máquina. Por iso, propúxose ao local para sanción administrativa da lei reguladora do xogo, así como ao menor identificado.

No segundo bar propúxose para sanción a cinco persoas, sendo unha delas menor de idade, pola tenencia ou consumo de sustancias estupefacientes en establecementos públicos. Tamén ao titular do local pola tolerancia desta acción dentro.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...