InicioSociedadeInvestigadores da UVigo estudan a evolución de proteínas de virus que son...

Investigadores da UVigo estudan a evolución de proteínas de virus que son diana de terapias antirretrovirais

Segundo recolle o Diario da Universidade (DUVI), estas proteínas poderían usarse para o desenvolvemento de novas vacinas e tratamentos, polo que o grupo, dirixido polo profesor titular Miguel Areas Busto, conta cunha axuda de 125.000 euros do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Especialistas do grupo de investigación Evolución Molecular Computacional do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO) estudan a evolución de proteínas de virus que son diana de terapias antirretrovirais. Segundo recolle o Diario da Universidade (DUVI), estas proteínas poderían usarse para o desenvolvemento de novas vacinas e tratamentos, polo que o grupo, dirixido polo profesor titular Miguel Areas Busto, conta cunha axuda de 125.000 euros do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Así, terán tres anos para conseguir aplicar modelos avanzados de evolución molecular á predición da evolución de distintas proteínas de virus. “O obxectivo é desenvolver modelos biofísicos de evolución da secuencia, estrutura e función das proteínas e explorar as súas aplicacións técnicas e prácticas, con especial interese nas proteínas de virus que son diana de terapias”, indicou Areas.

O responsable do proxecto fai fincapé en que comprender a evolución das proteínas é “fundamental” para mellorar os métodos de predición da evolución das mesmas, os cales presentan aplicacións en diversos ámbitos, incluíndo biomedicina e biotecnoloxía. “Para realizar predicións de evolución de proteínas requírense modelos evolutivos e cando maior exactitude teñen estes modelos máis realistas serán as predicións correspondentes”, recalcou Areas.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...