InicioSucesosFerido un home nun accidente con dous vehículos implicados na Gran Vía...

Ferido un home nun accidente con dous vehículos implicados na Gran Vía de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado na noite do martes na avenida de Gran Vía, en Vigo, onde chocaron dous vehículos. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 23,20 horas, cando varios particulares informaron dun choque frontolateral e sinalaron que o implicado era incapaz de abrir a porta do seu vehículo.

Ante iso, os Bombeiros de Vigo procederon coas tarefas de excarceración e liberaron ao implicado, que foi atendido polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Para este operativo, desde o 112 Galicia tamén se alertou á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...