InicioVigo e contornaVigoA Cooperativa de Armadores de Vigo cumpre 60 anos e reafirma o...

A Cooperativa de Armadores de Vigo cumpre 60 anos e reafirma o seu compromiso coa pesca sustentable

O conselleiro trasladou a vontade do goberno galego de seguir colaborando cos armadores vigueses para pór a pesca "no baluarte da economía" de Galicia, liderada por un "sector unido, forte, cun amplo tecido asociativo, e representativo", con presenza en organizacións nacionais e internacionais

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Vigo, ARVI, celebrou este xoves cun acto os seus 60 anos de vida, e reafirmou o seu compromiso coa pesca sustentable e coas prácticas pesqueiras “responsables e innovadoras”.

Así o trasladou o presidente de ARVI, Javier Touza, nun acto que contou coa presenza, entre outros, do conselleiro do Mar, Alfonso Villares; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; ou o presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana.

“Axuntando esforzos nunha obra colectiva, miramos cara ao futuro coa mesma paixón e determinación que nos guiou durante estes 60 anos. Neste sentido, ARVI continuará liderando iniciativas que promovan a innovación tecnolóxica, a formación continua dos nosos profesionais e a colaboración con entidades nacionais e internacionais para asegurar un futuro próspero e sustentable para o sector pesqueiro”, subliñaron desde a Cooperativa.

Pola súa banda, Alfonso Villares puxo en valor o traballo de ARVI ao longo de 60 anos para converter a Vigo na capital europea da pesca, e o labor das organizacións, asociacións e traballadores, “decisiva” para situarse “á vangarda da competitividade”.

O conselleiro trasladou a vontade do goberno galego de seguir colaborando cos armadores vigueses para pór a pesca “no baluarte da economía” de Galicia, liderada por un “sector unido, forte, cun amplo tecido asociativo, e representativo”, con presenza en organizacións nacionais e internacionais.

Este apoio, lembrou, permitiu a posta en marcha de iniciativas como a Conferencia Internacional sobre o futuro da pesca (que en 2025 celebrará a súa XII edición) ou o festival ARVI do Peixe-Vigo SeaFest; dous proxectos aos que a consellería do Mar destina 850.000 euros.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...