InicioPolíticaVigo "mostrou a súa forza" no concerto reivindicativo do AVE directo a...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde reclamou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "que siga adiante e aceléreo", porque "é a gran prioridade ferroviaria de Galicia, e logo o Vigo-O Porto con data de terminación 2030"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade “mostrou a súa forza” no concerto da Asociación de Corais Polifónicas celebrado este martes na Porta do Sol para reivindicar o AVE directo a Madrid pola variante de Cerdedo, e demandou “de forma irrenunciable” esa conexión ferroviaria.

En declaracións remitidas aos medios, Caballero subliñou que ese concerto foi “un acto cidadán cheo de forza e de ánimo”. “Mostramos o pulso, o músculo político e a capacidade de responder”, subliñou o alcalde, que tamén valorou que “quedou claro” que foron os gobernos do PP no Estado e na Xunta os que deixaron a Vigo sen AVE directo a Madrid, “priorizando” a conexión por Santiago e A Coruña.

“Non nos van a calar, van ter que seguir ouvindo a voz de Vigo”, proclamou, antes de lembrar que a semana pasada PP e BNG aprobaron unha moción sobre as conexións ferroviarias de Galicia, na que “nin mencionan” o AVE entre Vigo e Madrid directo.

O alcalde reclamou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, “que siga adiante e o acelere”, porque “é a gran prioridade ferroviaria de Galicia, e logo o Vigo-O Porto con data de terminación 2030”. “Porque España está disposta a facelo en 2030, foi Portugal a que pediu en 2032”, engadiu.

Finalmente, tamén lembrou que a cidade reclama unha nova autovía en túnel que comunique Vigo co Porriño, e volveu a sentenciar: “Vigo é o primeiro, o segundo e o terceiro, e antepoño Vigo a todo”.

“PICADA”

Mentres, o grupo municipal do PP pediu ao rexedor que “reflexione” e “pase da confrontación ao consenso”, despois de “picar” co concerto deste martes. Así, sinalaron que o concerto-protesta “non conseguiu encher a Porta do Sol a pesar de que o alcalde o apostou todo por esta concentración, remitindo unha infinidade de invitacións, chamando a asociacións e reunindo a 700 coralistas”.

“E nin aínda así”, afirmou o portavoz do PP, Miguel Martín, que preguntou ao alcalde “a quen quere enganar” coa cifra oficial de asistentes ofrecida polo goberno local. “O mesmo Caballero que asegura que en Castrelos caben máis de 100.000 espectadores quere facernos crer agora que este martes reuniu a 5.000 persoas. Nin contando cos turistas descoidados que pasaban por alí”, ironizou Miguel Martín.

Así mesmo, o portavoz ‘popular’ lamentou que a intervención do rexedor socialista non contivo “a máis mínima autocrítica” e afeou a Caballero “non informase á cidadanía da preferencia do Ministerio de Transportes pola liña do Miño en detrimento de a variante de Cerdedo”.

Igualmente, apuntou, non se mencionou a “parálise” que sofre o informe complementario ao estudo hidroxeolóxico de dita variante, pendente de licitación seis meses despois de anunciarse a súa elaboración.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...