InicioEconomíaAlertan de "risco" en Ambulancias do Atlántico pola caducidade dos desfibriladores dos...

Alertan de “risco” en Ambulancias do Atlántico pola caducidade dos desfibriladores dos vehículos

A empresa tamén está a prestar servizo actualmente para La Vuelta, cobertura de eventos e servizos para empresas privadas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO denunciaron este martes o “risco de morte” en Ambulancias do Atlántico, xa que os desfibriladores dos vehículos sanitarios “desde onte non cumpren cos requisitos de funcionamento“.

Os representantes dos traballadores nesta empresa, concesionaria do transporte sanitario dos hospitais públicos da área de Vigo, informaron á Área Sanitaria de que se deixaron caducar os eléctrodos e baterías dos desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) das ambulancias.

CIG, CC.OO. e USO mostraron a súa “gran preocupación” ante esta situación e advertiron de que, ante unha parada cardiorrespiratoria, “non hai garantía do correcto funcionamento” deses equipos, “o que podería levar ao falecemento do enfermo”.

Segundo apuntaron, nunha reunión celebrada a principios de agosto, responsable da área Sanitaria trasladáronlles que os respuestos estarían “nun prazo de 4 ou 5 días”, pero denunciaron que a empresa concesionaria “non fixo nada” e os responsables sanitarios tampouco “velan” polo “correcto funcionamento do servizo”.

Ademais, engadiron, a empresa tamén está a prestar servizo actualmente para La Vuelta, cobertura de eventos e servizos para empresas privadas.

“A deriva collida pola empresa está a levar a un empeoramento das condicións de traballo pero, o máis grave, a un peor servizo para os enfermos e, xa agora nun acto de irresponsabilidade total, a xogar coa saúde e mesmo coa vida das persoas”, denunciaron.

ÚLTIMAS

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...

Abanca reúne ás principais asociacións da Ría de Vigo para escoitar as súas peticións e ofrecer solucións

Abanca materializou o seu apoio ao sector do mar coa celebración dun encontro especializado...

Anpas de Vigo denuncian a “situación de abandono” e o “desmantelamento” do ensino público

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo e...