InicioEconomíaAutorizada a licitación para modernizar a liña férrea entre Guillarei e Redondela

Autorizada a licitación para modernizar a liña férrea entre Guillarei e Redondela

O consello de ministros deste martes autorizou , un contrato por 51,2 millóns de euros destinado á renovación desta liña convencional

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consello de ministros deste martes autorizou ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable a licitar, a través de Adif, un contrato por 51,2 millóns de euros destinado á renovación da liña de ferrocarril convencional entre as localidades pontevedresas de Guillarei e Redondela.

Tal como reivindicou o Ministerio nun comunicado, estes traballos suporán un “novo impulso” ao Corredor Atlántico en Galicia e á conexión con Portugal, actuando en 23,5 quilómetros de vía.

As obras están destinadas a modernizar o trazado, coa instalación de novas travesas, balasto e desvíos de maiores prestacións. Ademais, ampliaranse as dimensións (gálibo) do seu catro túneles (Vos Valos, Padrón, Pregal e Pedriña, de entre 53 e 972 metros), aos que se dotará de novos sistemas de protección civil e seguridade, e construiranse muros de ancoraxe de postes de catenaria na liña, para a súa posterior electrificación a 25 quilowatts (kV), fronte á de 3 kV actual.

Así mesmo, a actuación contempla a construción dun novo viaduto de 82 metros, que substituirá ao actual sobre a estrada N-550. Tamén se renovarán unha vintena de pasos inferiores, reforzaranse terrapléns e remodelaranse plataformas.

RENOVACIÓN LIÑA OURENSE-VIGO

“A actuación representa un novo avance no plan de modernización que este Ministerio está a acometer en toda a liña Ourense-Vigo Guixar, denominada ‘Liña do Miño’, que inclúe a conexión Guillarei-fronteira portuguesa, cun investimento de 265 millóns de euros. Desta forma, adecuarase ao Corredor Atlántico, reforzarase a conexión con Portugal e aumentará a capacidade para tráficos tanto de viaxeiros, como de mercadorías”, engadiu o Executivo central.

No marco deste plan, xa se completou a mellora de plataforma deste trazado; no tramo Vigo-Guillarei-Tui, finalizaron actuacións como a electrificación do trazado Guillarei-Tui e a ampliación a 750 metros de plataformas da estación das Gándaras, e se xa se licitou o reforzo da accesibilidade da estación de Redondela.

“Estas actuacións contribúen aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) 9 (fomento de infraestruturas fiables, sustentables e de calidade), 7 (sustentabilidade) e 8 (desenvolvemento económico e xeración de emprego)”, subliñou o Ministerio. Por iso, esta actuación poderá ser cofinanciada polo Mecanismo “Conectar Europa” da Unión Europea (CEF).

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou esta licitación, que supón avanzar na conexión entre a cidade olívica e Portugal. “O Goberno de España cumprindo os seus compromisos con esta cidade”, reivindicou nun audio gravado e difundido aos medios de comunicación.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...