InicioDeportesTanxugeiras interpretarán o himno galego no encontro da selección galega contra Panamá...

Tanxugeiras interpretarán o himno galego no encontro da selección galega contra Panamá en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tanxugueiras serán as encargadas de pór voz ao himno galego no regreso da Selección Galega de fútbol, que volve aos terreos de xogo o próximo 31 de maio para disputar un partido no estadio de Balaídos contra Panamá.

O trío galego anunciou a través dun vídeo colgado nas redes sociais pola Federación Galega de Fútbol que estarán en Vigo para interpretar o himno no partido da ‘Irmandiña’.

Baixo a dirección do adestrador vigués Diego Martínez, a Selección Galega regresa a finais de maio oito anos despois do seu último partido, disputado en Riazor en 2016 fronte a Venezuela.

ÚLTIMAS

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...