InicioSociedadeA Policía Local detivo a un vigués por agresión a súa parella...

A Policía Local detivo a un vigués por agresión a súa parella embarazada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un veciño de 34 anos de idade, J.A.H.G., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente a súa parella, que está embarazada.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do pasado venres, cando o 092 recibiu unha chamada para acudir á rúa Llorente, debido a unha pelexa de parella nun edificio.

Ao chegar, os funcionarios observaron gran cantidade de sangue no corredor común do inmoble, e unha muller embarazada que a estaba limpando. Ao preguntarlle polo sucedido, a muller explicou que tivera unha forte discusión coa súa parella e que este lle propinou un bofetón e tentara darlle unha patada no ventre.

Por iso, explicou, colleu un coitelo de cociña para defenderse, e o home cortouse con el nun dedo, ao tratar de quitarllo. Ademais, os policías comprobaron que a muller presentaba unha rojez na fazula dereita.

Mentres falaba cos axentes, a muller comezou a marearse e a atoparse mal, polo que os funcionarios pediron unha ambulancia para que a trasladase a un centro sanitario. Así mesmo, procederon á detención do home, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...

A Xunta defende o seu traballo na illa de San Simón logo das críticas do Concello de Pontevedra

A Xunta de Galicia reivindicou que "cumpre cos termos" da concesión demanial e do...

Un xulgado Social emite a primeira sentenza ditada en Vigo con uso do sistema de adaptación á lectura fácil

O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou unha sentenza pioneira na cidade ao utilizar...

O BNG de Vigo alerta que o goberno local non mantén “o mínimo de bombeiros” na cidade

O BNG de Vigo alertou este martes de que o goberno municipal que preside...