InicioSucesosDetido en Vigo tras ser sorprendido tentando forzar a porta dunha terraza...

Detido en Vigo tras ser sorprendido tentando forzar a porta dunha terraza para acceder a unha vivenda

A Policía tamén detivo a un mozo sobre o que pesaba unha reclamación xudicial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 35 anos de idade, J.D.R.M., que foi sorprendido forzando a porta dunha terraza para tentar acceder ao interior dunha vivenda na rúa Pai Sarmiento.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste domingo, cando o 092 recibiu un aviso para dirixirse a Pai Sarmiento, onde unha muller solicitaba axuda tras sorprender a un inviduo na terraza da súa vivenda.

Unha vez no lugar, os axentes atopáronse a este home, en estado de nerviosismo e suando, con feridas nas mans. Ao cachealo, os policías atopáronlle varios cartóns de crédito das que non era titular.

A muller explicou aos funcionarios que se atopaba no salón do seu domicilio co seu fillo, cando se deu conta de que un home estaba na terraza, a unha altura duns 5 metros da vía pública, tratando de forzar a porta para entrar. Rapidamente, reaccionou pechando dita porta con pestillo e avisou á Policía.

DETENCIÓN DUN HOME RECLAMADO XUDICIALMENTE

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da detención doutro home, na madrugada deste luns, sobre o que pesa unha reclamación xudicial.

Os feitos ocorreron sobre as 1,05 horas cando unha patrulla que circulaba pola rúa Gregorio Espino viu saír dun local de lecer a dous homes que se introducían nun vehículo a gran velocidade. Os axentes situáronse detrás do coche e, tras facer as oportunas comprobacións, pescudaron que na base de datos figuraba un señalamiento en vigor por subtracción e apropiación indebida.

Por iso, deron o alto ao vehículo e identificaron os seus ocupantes. Así comprobaron que o mozo que conducía ten en vigor unha reclamación de procura, detención e personación ante un xulgado da cidade, polo que foi arrestado.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...