InicioSociedadeAmpliados os horarios en Vigo para a Semana Santa, con discotecas abertas...

Ampliados os horarios en Vigo para a Semana Santa, con discotecas abertas até as 8 da mañá

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o Concello ampliará por Semana Santa os horarios da hostalaría, permitindo ás discotecas abrir ata as 08.00 horas da mañá.

Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor indicou que, como é habitual, o goberno local permitirá aumentar dúas horas os horarios dos locais de lecer en xeral desde o 27 de marzo ao día 30.

Así, as discotecas poderán permanecer abertas desde as 06.00 horas (horario habitual de peche) ata as 08.00 horas, mentres que o pub farán o propio desde as 04.00 ás 06.00 horas.

 

 

 

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...