InicioVigo e contornaVigoAtenden unha muller que caeu por un barranco nunha cadeira de rodas...

Atenden unha muller que caeu por un barranco nunha cadeira de rodas no recinto do Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller que paseaba na súa cadeira de rodas motorizada tivo que ser socorrida na tarde deste pasado mércores en Vigo tras caer por un barranco dun tres metros de altura situado no recinto do hospital Álvaro Cunqueiro.

Tal como informou a Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo do sindicato UGT, os feitos ocorreron sobre as 14.00 horas, cando a ferida caeu por un terraplén coa súa cadeira de rodas.

Ao ver o incidente, dous vixiantes de seguridade acudiron a socorrer á muller, solicitando a presenza de persoal sanitario para poder trasladala ao servizo de urxencias. Tamén contaron co apoio dunha patrulla da Policía Local que pasaba pola zona, ademais doutros cidadáns.

“Unha vez máis, UGT reitera a profesionalidade e o bo facer do persoal de seguridade que presta servizo neste centro hospitalario e manifesta a importancia da formación que se fai e é necesaria neste sector para dar unha correcta resposta a calquera tipo de incidencia que se poida dar nos recintos a protexer“, reivindicou o sindicato.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...