InicioSucesosEncontran o cadáver desmembrado dunha muller dentro dunha maleta nun solar de...

Encontran o cadáver desmembrado dunha muller dentro dunha maleta nun solar de Vigo

Os primeiros indicios apuntan a que os restos pertencerían a unha muller que non falecería recentemente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home achou na tarde deste xoves un cadáver en avanzado estado de descomposición, aparentemente desmembrado, dentro dunha maleta que estaba tirada nun solar na zona de Balaídos, en Vigo.

Segundo informan a Europa Press fontes coñecedoras da investigación, o achado produciuse á primeira hora da tarde entre a maleza dun escampado da rúa Espedrigada. Os primeiros indicios apuntan a que os restos pertencerían a unha muller que non falecería recentemente.

A maleta, de grandes dimensións e envolta no plástico habitual que se emprega para iso nos aeroportos, levaba meses nesta leira abandonada anexa a unha vivenda.

Unha veciña, Ledicia Suárez, contou ante os medios de comunicación que a valija levaba “polo menos desde verán” alí tirada e que desprendía un mal cheiro. Pero “nunca” pensou que alí dentro podía haber restos humanos.

Foi un home quen na tarde deste xoves achegouse ao lugar e, ao notar o forte cheiro, decidiu abrila. Ante o achado, decidiu chamar aos efectivos de emerxencia.

A Policía Nacional tomou mostras de ADN do cadáver para envialas ao laboratorio, posto que o avanzado estado de descomposición fixo imposible poder analizar as pegadas. Por tanto, a identificación do corpo podería tardar días.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...