InicioSucesosAcepta 5 anos de cárcere un home por tocar a dúas mulleres...

Acepta 5 anos de cárcere un home por tocar a dúas mulleres pola rúa en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home aceptou cinco anos de cárcere por tocar a dúas mulleres pola rúa en Vigo, nunha vista de conformidade levada a cabo este mércores no Xulgado do Penal número 1 da cidade olívica.

O home foi condenado por dous delitos de agresión sexual, impóndoselle unha pena de dous anos e medio de prisión por cada un deles, ademais dunha inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividade que leve contacto regular con menores, por un tempo de cinco anos.

Segundo o escrito de acusación, os feitos ocorreron en xuño de 2023, cando o home tocou o peito dunha muller na rúa Torrecedeira de Vigo, acudindo esta a o médico nun estado de nerviosismo pola situación que vivira.

Minutos despois, o home tamén abordou a outra muller na rúa Coruña, tocándolle dúas veces na zona vaginal e dicíndolle “é o que hai, estás boa”. A pesar de que na vista o home non quixo recoñecer o ocorrido, finalmente aceptou os 5 anos de cárcere.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...