InicioVigo e contornaVigoDetido un usuario do albergue de Vigo por agredir un policía

Detido un usuario do albergue de Vigo por agredir un policía

O home estaba a actuar de forma agresiva nas inmediacións do albergue, situado na rúa Marqués de Valterra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo este pasado luns a un usuario do albergue municipal tras agredir aos axentes que se personaron no lugar porque o home estaba a tirar lixo contra o edificio.

Tal como informou o corpo de seguridade, os feitos ocorreron sobre as 17.30 horas, cando os funcionarios recibiron unha alerta que avisaba de que o home estaba a actuar de forma agresiva nas inmediacións do albergue, situado na rúa Marqués de Valterra.

Unha vez no lugar, os actuantes puideron comprobar como o agora detido estaba a tirar lixo á fachada do local, polo que trataron de acougalo e convencelo de que parase.

Con todo, o home respondeu de forma violenta, gritando graves insultos contra os policías e propinándolles varios empuxóns e puñadas, chegando a agarrar pola boneca a un dos axentes, provocándolle diversos arañazos.

Por todo iso, foi detido como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...