InicioEconomíaRibera avanza que "nas próximas semanas" aprobarán a subestación de moi alta...

Ribera avanza que “nas próximas semanas” aprobarán a subestación de moi alta tensión en Vigo

Sinala que esta "petición histórica" estará en funcionamento "en tres ou catro anos" porque o desenvolvemento do proxecto require tempo

PUBLICADO O

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, avanzou que nas “próximas semanas” o Consello de Ministros aprobará a planificación que contempla a creación dunha subestación de moi alta tensión para Vigo que servirá para abastecer a planta de Stellantis, e que estará en funcionamento “en tres ou catro anos”.

Así o sinalou en declaracións aos medios tras manter un encontro con empresarios de Vigo organizado polo Partido Socialista, onde a ministra estivo acompañada polo alcalde vigués, Abel Caballero, quen agradeceu a presenza da responsable do Goberno para abordar un asunto “capital” para a cidade olívica.

Ribera sinalou que a súa visita a Vigo para reunirse con representantes do tecido empresarial tiña como obxectivo “confirmar” que a modificación da planificación eléctrica para o período 2021-26 que contempla a subestación eléctrica para Stellantis está “na última fase de tramitación” e será levada para a súa aprobación en Consello de Ministros “nas próximas semanas”.

Con todo, aclarou que o seu desenvolvemento implica que estará “definitivamente operativo” nun período de “tres ou catro anos”, algo que, segundo a vicepresidenta, é coñecido polos “operadores, os industriais e os promotores de enerxía” porque “forma parte do proceso formal das invesriones en infreaestructuras”.

Ribera incidiu na importancia desta cuestión como parte do proceso de “reindustralización” e a “modernización” do tecido produtivo e económico de Galicia, obxectivos que apuntou como asuntos que forman parte da axenda de “futuro” pola que aposta o candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, de quen dixo que parte “o encargo” de dar resposta á “petición histórica” da cidade de Vigo.

“Queremos acompañar a transformación do sector do automóbil precisamente para que teña un futuro e siga mantendo as cotas de participación no PIB e no emprego que mantivo durante moito tempo e que loxicamente han de evolucionar, como tamén está a evolucionar a mobilidade”, aseverou.

Neste sentido, sinalou que Stellantis é “o primeiro beneficiario directo, pero non é o único” posto que “toda a industria aquí asentada verase beneficiada” polo reforzo da rede eléctrica e que acompaña a “unha época de investimento intensivo moi importante” que está vinculada “á maior presenza de enerxías renovables” e ao proceso de descarbonización da economía.

Neste sentido, eloxiou a candidatura de José Ramón Gómez Besteiro, de quen destacou que “ten un proxecto para Galicia no que reequilibrar tanto o peso do tecido industrial no seu territorio, como a redución das desigualdades e a xeración de oportunidades para o pobo galego”.

Así as cousas, subliñou que a posta en marcha da subestación de Stellantis será efectiva nun período de “tres ou catro anos” pois, unha vez sexa aprobada en Consello de Ministros, “é imprescindible” que Rede Eléctrica “traballe no seu deseño, pase a planificación ambiental e inicie a súa licitación”. “Non é algo que vaia a estar operativo mañá nin pasadomañá como tampouco o é ningunha outro investimento en infraestruturas por parte de Rede Eléctrica”, apostilou.

PERTE VEC

Por outra banda, á saída dun encontro celebrado no Auditorio Mar de Vigo, onde se concentraron traballadores de Vitrasa que corearon cánticos contra o alcalde en demanda dunha solución para o conflito que manteñen desde hai semanas; a ministra tamén se referiu a a nova convocatoria dun novo Perte do Vehículo Eléctrico do que podería beneficiarse a planta de Stellantis en Vigo.

A vicepresidenta dixo que corresponde comunicar a decisión ao seu compañeiro no Goberno e ministro de Industria, Jordi Hereu, aínda que defendeu o “esforzo moi significativo” que, di, leva a cabo o Executivo do que forma parte para a industria do automóbil.

Así, apuntou que “as leccións aprendidas dos primeiros meses de andaina da versión inicial do Perte VEC” permitiu ao Goberno “mellorar estas convocatorias que viñeron despois”. Segundo Ribeira, “está a traballarse” xa na próxima convocatoria co conicimiento de que “non soamente son industrias ensambladoras” senón que tamén se trata de que alcancen a “bens de equipo, baterías e outras liñas importantes” como “as vinculadas a facilitar a adquisición de frotas de vehículos electrificados ou a instalación de postes para recárgaa nos vehículos eléctricos”.

ALTRI

En canto á situación do proxecto de Altri para construír unha planta en Palas de Rei (Lugo) e a súa exclusión da planificación de Rede Eléctrica para o período 2021-26, Ribera recoñeceu que non se puido dar cobertura “a todo aquilo para o que había demanda” porque se actuou coa prioridade de que fose contemplados os proxectos “maduros”.

Por este motivo, dixo que o Goberno ten a vontade de “abrir unha actualización” da planificación de Rede Eléctrica “para integrar canto antes as peticións que, se cadra, non teñen o nivel de madurez ou que non cabían dentro deste primeiro parquete de investimento pero que requiren ter claro cando e como se espera que estea dispoñible a súa infraestrutura de transporte de alta tensión para poder asegurar os investimentos”.

ÚLTIMAS

Tampouco chegarán os trens Avril a Vigo en marzo?

O operador ferroviario Renfe desbloqueou a venda de billetes para o mes de marzo entre Vigo...

Sindicatos chaman aos vigueses a manifestarse o sábado por un transporte público digno ante o “abandono” municipal

Os responsables comarcais dos sindicatos CIG, CC.OO., UGT e USO fixeron este xoves un...

O V Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión aborda en Vigo retos como a IA ou o uso de anticorpos biespecíficos

A cidade de Vigo acolle este xoves e este venres o V Simposio Nacional de...

Acepta unha multa de 2.280 euros por manosear e bicar a unha camareira sen o seu consentimento

O acusado de manosear e bicar a unha camareira sen o seu consentimento aceptou...