InicioSociedadeXulgan á administrativa dunha empresa de Vigo que quedou con case 140.000...

Xulgan á administrativa dunha empresa de Vigo que quedou con case 140.000 euros

Piden seis anos de cárcere

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores, día 31, o xuízo contra a administrativa dunha empresa da cidade, que xestionaba tendas de moda, complementos e calzado, que, ao longo de 10 anos, quedou con case 140.000 euros das contas da empresa.

A muller, segundo recolle o escrito de acusación fiscal, prestou servizos laborais como administrativa e contable para a empresa afectada desde 2002, con encargos como ingresar a recadación das vendas e realizar pagos a provedores.

Entre o 1 de outubro de 2010 e o 31 de marzo de 2020, a acusada, finxindo a firma do propietario da empresa e sen o seu consentimento, ordenou gran cantidade de transferencias bancarias desde a conta persoal do seu xefe ou das da compañía co obxectivo de quedar o diñeiro.

As transferencias recibíanas ben contas a nomes ficticios propiedade da procesada, ben a conta da súa nai falecida. Tamén alterou fraudulentamente o importe das súas propias nóminas.

Con iso, nese período fíxose coa cantidade de 139.453,41 euros. O Ministerio Público acúsaa dun delito continuado de estafa e outro de falsidade en documento mercantil e pide para ela 6 anos de cárcere e multa.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...