InicioCulturaAberto o prazo para presentar o teu filme ao Galician Freaky Film...

Aberto o prazo para presentar o teu filme ao Galician Freaky Film Festival, o festival que premia a obra máis friki

Só se admitien curtametraxes, que deben ter unha duración máxima de 30 minutos e encaixar nalgún dos estilos do festival: terror, fantasía, ciencia ficción, comedia ou freak. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

Desde o 24 de xaneiro ata o 10 de xuño o Galician Freaky Film Festival, o festival de cinema máis gamberro e divertido de Galicia, abre os buzóns para a recepción de filmes que formarán parte da súa oitava edición. A inscrición pode realizarse a través da plataforma Click for Festivals, ou de xeito gratuíto a través do formulario dispoñible na súa web. No 2023, o GFFF recibiu preto de 600 filmes dos cinco continentes, cos que construíu unha abraiante escolma do máis destacado do audiovisual freak mundial máis recente.

A convocatoria que lanza o Galician Freaky Film Festival cada ano está aberta á participación de cineastas profesionais ou afeccionados de calquera parte do mundo, sen límite de traballos por autor, sempre e cando foran producidos en 2022 ou despois. Só se admitien curtametraxes, que deben ter unha duración máxima de 30 minutos e encaixar nalgún dos estilos do festival: terror, fantasía, ciencia ficción, comedia ou freak

Tamén poderán presentarse filmes dirixidos a público infantil e familiar que queiran formar parte do Pequefreak, a xornada que, desde hai tres anos, o certame dedica en exclusiva a mergullar o público miúdo na cultura freak e infundir a paixón pola sétima arte nas xeracións máis novas. 

Os filmes seleccionados pasarán a formar parte da sección oficial da oitava edición do Galician Freaky Film Festival, que se celebrará os días 20 e 21 e do 25 ao 28 de setembro, e optarán a algún dos 8 premios que o certame reparte, outorgados polo público e por un xurado especializado. Novamente, os gañadores das tres categorías máis destacadas do certame (Gran Premio GFFF á curtametraxe máis freak, Premio Olimpo dos Freaks á curtametraxe máis aplaudida e Premio Olimpo dos Pequefreaks á mellor curta cativa) recibirán un premio en metálico de 250ademáis da carismática estatuíña do Dinoseto decapitado. 

OITO ANOS DE FREAKISMO XUNTOS 

O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Desde hai oito anos trae á cidade olívica unha coidada selección nacional e internacional de curtametraxes de xénero. Pezas moitas veces inéditas en Galicia e España, só desfrutables nalgúns dos mellores festivais do mundo.

Unha abraiante selección de obras, unha coidada programación de actividades paralelas e un ambiente único fan que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan  a Vigo para gozar do GFFF, unha experiencia que vai alén do cinematográfico e que se converte nunha auténtica experiencia de comunidade.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...