InicioSociedadeO vigués que posuía máis de 180 arquivos de pornografía infantil acepta...

O vigués que posuía máis de 180 arquivos de pornografía infantil acepta un ano de prisión

A Fiscalía solicitaba tres anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un vigués que posuía máis de 180 arquivos de pornografía infantil no seu computador aceptou un ano de cárcere na vista de conformidade levada a cabo este xoves no Xulgado do Penal número 2 de Vigo.

Os feitos remóntanse aos meses de marzo e abril de 2022, cando se tivo coñecemento de que un usuario estaba a distribuír este material a través da conexión web da súa vivenda, situada na cidade olívica.

Por iso, practicouse un rexistro no domicilio deste ancián, atopando máis de 180 arquivos entre o seu computador portátil e diferentes memorias externas. Ademais, constatouse que compartira polo menos 18 ou 19 arquivos deste tipo.

Por iso, Fiscalía solicitaba tres anos de prisión por un delito de posesión e distribución de pornografía infantil, aínda que finalmente o acordo entre as partes reduciu a pena a un ano de cárcere.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...