InicioSociedadeA protesta de traballadores de Vitrasa xera retencións na zona de Beiramar

A protesta de traballadores de Vitrasa xera retencións na zona de Beiramar

O xoves haberá outra manifestación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha nova protesta de traballadores de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, provocou retencións á primeira hora da mañá deste luns na zona de Beiramar. O comité convocou unha manifestación, que se iniciaba en Cánovas do Castelo, onde os traballadores se concentraban ás 8,00 horas fronte ao Centro Comercial A Laxe. Posteriormente saíron nunha marcha cara a Beiramar, Avenida da Coruña e Praza América.

A protesta causou retencións na circulación cara a Bouzas e nos túneles, e é o primeiro dos actos reivindicativos previstos para esta semana. Así, tanto martes como mércores haberá novas manifestacións, no primeiro caso desde Sanjurjo Badía ao centro da cidade, e no segundo caso desde Praza de América a Praza de España.

Para o xoves, a manifestación programada sairá do cruzamento de Jenaro de la Fuente con Travesía de Vigo e baixará por Urzáiz ata o cruzamento de Colón e Policarpo Sanz. En todos estes casos, as marchas sairán ás 8,00 horas. Finalmente, como é habitual, a semana de protestas finalizará o vienres cunha manifestación de tarde, que sairá ás 19,00 horas de Praza de España e percorrerá Gran Vía, Urzáiz e Colón.

Estes actos reivindicativos enmárcanse na folga indefinida que mantén o persoal de Vitrasa desde o 25 de novembro pasado, en demanda dun novo convenio colectivo que contemple melloras salariais e sociais.

Este conflito laboral está aberto desde hai case 3 anos, con protestas e paros intermitentes, así como manifestacións, e a folga converteuse en indefinida hai un mes e medio, sen que, polo momento, alcanzouse un acordo entre empresa e sindicatos.

ÚLTIMAS

Caballero dá por sentado que “Vigo é sede do Mundial” tras a renuncia de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu por sentado que a cidade "é sede do...

Feirantes denuncian trato “inxusto e arbitrario” por parte do Concello do Porriño

A asociación de Empresarios de Atraccións de Feira de Galicia (Emafega) denunciou o trato...

Cardioloxía do Cunqueiro utiliza por primeira vez a nivel mundial unha nova técnica para repor unha prótese aórtica

O servizo de Cardiología do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo realizou o primeiro implante...

Resposta Feminista pide trasladar ao Meixoeiro o servizo de reprodución asistida ante a súa “paralización” polo espazo

Resposta Feminista pediu este luns o traslado ao hospital Meixoeiro de Vigo o servizo...